martes, 19 de febrero de 2013

Actividade 2- ONCE



Tedes que  facer un traballo de investigación onde desenvolvades unha liña do tempo
sobre a educación das persoas con discapacidade, desde 1930 até os nosos días.
Para isto,tendes a listaxe de frases que indicamos a continuación, mais sen indicar a data e de maneira desordenada, para que, por equipos, busquedes información e coloquedes as frases en orde cronolóxica:





1--Nace a Fundación ONCE, para traballar alén da invidencia polos dereitos de todas
as persoas con discapacidade.
2--España acepta cumprir os acordos da Convención Internacional sobre os Dereitos
das Persoas con Discapacidade, para garantir que as persoas con discapacidade
poidan gozar dos seus dereitos en igualdade de condicións coas demais persoas.

3--Aparece a ONCE e comézase a vender o cupón.
4--As persoas con discapacidade visual comezan a empregar máquinas de
Braille
5--Entra en vigor a actual Constitución Española, onde se recoñecen os mesmos
dereitos para todas as persoas.

6--Aparece unha nova lei, chamada LISMI (Lei de integración do minusválido), que
comeza a falar da integración dos nenos en colexios ordinarios.
7--Os colexios españois comezan a integrar nenos con discapacidade en centros onde
asisten nenos sen discapacidade.
8--A UNESCO, falando da “educación para todos”, muda a palabra “integración” polo
termo “inclusión”: agora xa non son os alumnos os que teñen que se adaptar ao
colexio, senón que será o colexio o que deberá adaptarse ás necesidades de cada
neno.

9--Nace o CERMI, un comité no que todas as asociacións de discapacitados traballan
xuntas por un mesmo obxectivo: mellorar a calidade de vida das persoas con
discapacidade.
10--A ONCE crea fábricas e escolas de oficios.
11--Gennet é a primeira persoa española xordacega que acaba estudos universitarios.

12--Primeiros colexios de educación especial en España, que só atendían a nenos
xordos e cegos.




Reflexión final:
••Que aprendestes?
••Chamouvos a atención algunha cousa en especial desta liña cronolóxica?
••Como imaxinades a educación das persoas con discapacidade dentro de 25 anos?



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu nome no comentario.