jueves, 14 de febrero de 2013

Traballo 1 - ONCE


En 2013 faranse 75 anos da aparición do cupón da ONCE, chamado naquel entón “cupón
pro-cegos”. Un cupón que pouco ten a ver co aspecto e o alcance do cupón actual, mais que
comparte un mesmo fin: traballar polos dereitos das persoas con discapacidade, ofrecendo
a base económica que permite o financiamento da súa formación, emprego e cobertura
social.
Propomos comezar formulando aos alumnos estas preguntas:
• Quen sabe o que é o cupón da ONCE?
• Sabedes a que se destina o diñeiro?
• Desde cando existe o cupón?
A continuación, suxerimos ver estes dous breves audiovisuais para viaxar ao pasado e
entender un pouco mellor o transcurso destes 75 anos:

  1. Un cupón con historia
  2. La imagen del sorteo


Tras o visionamento, realizarase unha reflexión común a través destas preguntas:
• Que descubristes con estes vídeos?
• Coñeciades este pasado do cupón da ONCE?
• Sabiades que o diñeiro se destina a mellorar as condicións de vida das persoas con
discapacidade (creando centros formativos, xerando emprego, etc.)?
Que pensas do que acabas de ver?
(texto sacado do material do 29  concurso ONCE)

ESCRIBIDE A VOSA REFLEXIÓN EN FORMA DE COMENTARIO AO PÉ DESTA ENTRADA PRESENTÁNDOVOS EN PRIMEIRO LUGAR.

2 comentarios:

  1. os videos gustaronos pero son algo cutres

    carlos ivan e abraham

    ResponderEliminar
  2. Descubri que la once trabaja por el bien de los descapacitados y ciegos.
    No lo conociamos.

    ResponderEliminar

Non esquezas deixar o teu nome no comentario.